Categoría: Acción Social
Acumulación de mentiras no vertedoiro da Ran
Durante todos estes anos anos, a acumulación descontrolada de lixo nas dependencias municipais da Ran non fixo máis que aumentar. Sepultadas alí por toneladas de residuos atópanse as palabras, promesas, queixas e denuncias do Alcalde Manuel Campos. Os parámetros máis elementais da vergoña recomendarían prudencia á hora de tratar este asunto. Pero unha vez máis, a arrogancia desmedida impúxose á precaución política.
Pleno do 28 de setembro de 2022
O pasado mércores día 28 celebrouse a sesión ordinaria do pleno correspondente ao mes de setembro. O PSOE aprobou en...
O secuestro das redes sociais do Concello de Cuntis
Xestionar as presenza nas redes sociais cun mínimo de profesionalidade e rigor non é só a demanda de contar cun servizo público de calidade, é tamén unha cuestión de responsabilidade e coidado da imaxe. É a liña que separa presentarnos ante o mundo como un concello moderno, serio e atractivo ou quedármonos na mediocridade, na vulgaridade e na frivolidade.
Pleno do 28 de xullo de 2022
O pleno do xoves 28 de xullo abordou a liquidación do orzamento municipal de 2021 como asunto máis destacado, e...
Que pasa co proxecto de converter a antiga Casa de Correos na nova sede da Fundación Terra Termarum?
A rehabilitación da antiga Casa de Correos para convertela en sede da Fundación Terra Termarum é un proxecto que o goberno municipal de Cuntis vén anunciando como inminente dende fai varios anos. Periodicamente o Alcalde anuncia fondos para executar un proxecto que a fundación que xestiona o xacemento de Castrolandín precisa e vén demandando dende fai moito tempo. Máis alá dos anuncios e a propaganda que caracterizan a acción de goberno do PSOE, fai unhas semanas soubemos que a súa xestión real volveu provocar a perda dunha subvención de máis de 32.000 € de fondos europeos para este proxecto.
Pleno do 26 de maio de 2022
No día de onte celebrouse a sesión ordinario do pleno municipal correspondente ao mes de maio. Cómpre sinalar que foi...
Sobre máscaras, lameiras e outros límites: os decretos que confirman a cacicada
O PSOE de Cuntis demostra unha evidente falta de respecto polas institucións. Confunde permanentemente o Concello de Cuntis e os...
O PSOE aproba o rescate do Concello de Cuntis e as medidas do plan de axuste
O Ministerio de Hacienda obriga ao Concello de Cuntis a adherirse ao fondo extraordinario de pago e imponlle un Plan de Axuste con medidas que afectarán aos veciños e veciñas de Cuntis, a causa da nefasta xestión económica do goberno socialista.
Aprobada a nefasta Conta Xeral do 2020. Resumo do pleno de 16 de decembro de 2021
No día de onte, xoves 16 de decembro, foi aprobada na sesión ordinaria do Pleno da Corporación a Conta Xeral...